INTERMODAL

Rubén Cela sinala que o ministro de Fomento veu “vender fume” coa presentación da estación intermodal

Para a construción da pasarela, o Concello de Santiago deberá achegar 1.680.000 euros con cargo aos orzamentos municipais, moito máis do previsto

Rubén Cela sinala que o ministro de Fomento veu “vender fume” coa presentación da estación intermodal

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2017.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre a presentación do proxecto da estación intermodal por parte do ministro de Fomento destacou que “veu vender fume porque nin en Nadal a capital de Galiza pode vivir de supostas boas intencións”. “Debera darlle vergoña vir a Santiago despois de prometer o arranxo da cuberta do paso inferior Conxo e o enlace orbital”, engadiu.

Aludiu tamén a que estes días, o BNG tivo acceso aos datos finais do que lle vai custar a intermodal á veciñanza, “que finalmente será moito máis do que anunciara Compostela Aberta”. Entre os compromisos adquiridos polo Goberno local sobre o financiamento do proxecto de construción de pasarela peonil da estación intermodal figura un 30% do orzamento de adxudicación das obras, o que supón unha cantidade de 1.680.000 euros con cargo aos orzamentos xerais do Concello de Santiago.

“O único que o tempo está a demostrar é o maltrato a Santiago por parte de Madrid en comparanza con outras cidades e o mal negociadores que son no Goberno local, cando aceptaron inicialmente a cláusula dos 3,5 millóns de pasaxeiros/as, así como acatar esa cantidade económica tan elevada de participación”, sinalou. Do mesmo xeito aconteceu cando aceptaron achegar o 20% de fondos locais (arredor de 14 millóns de euros) para a estación depuradora cando no resto das cidades foi un 5%