PLENO

Vivendas de Aríns quedarán sen servizo de telefonía e internet

telefono
telefono

​O BNG trasladará as queixas da veciñanza ao Pleno para esixir unha solución

Vivendas de Aríns quedarán sen servizo de telefonía e internet

Santiago de Compostela, 17 de outubro de 2016.- O grupo municipal do BNG defenderá unha iniciativa no Pleno para coñecer a previsión do Goberno municipal ante o anuncio, por parte de Telefónica, de deixar de prestar o servizo de telefonía e internet o vindeiro 26 de outubro por non poder instalar a fibra óptica na parroquia de Aríns.

Nos lugares da Devesa e de Sanxoás, en Aríns, a veciñanza recibiu aviso de que van deixar de ter o servizo de telefonía e internet, posto que as canalizacións da fibra óptica que se ían pór en marcha a partir do 26 de outubro foron estragadas cando se fixeron as obras de beirarrúas, tendo en conta que a central de cobre da que dependen as conexións actuais vai desaparecer. A compañía di que o arranxo destas canalizacións que inhabilitaron o servizo depende do Concello.

Deste xeito, o BNG realizaralle unha pregunta oral ao alcalde para coñecer a previsión do Goberno municipal sobre o arranxo das canalizacións e demandar unha solución para estas vivendas que quedan ser servizo de telefonía e internet.