O BNG lembra o compromiso esquecido da Xunta para construír o centro de saúde de Conxo

O BNG lembra o compromiso esquecido da Xunta para construír o centro de saúde de Conxo

Rubén Cela advirte que a obra do centro de saúde de Galeras é “descafeinada nas dimensións e usos respecto do inicialmente previsto”

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2014.- O portavoz do grupo municipal nacionalista, Rubén Cela, a raíz da colocación da primeira pedra do futuro novo centro de saúde de Galeras que era un dos proxectos “que durmiu durante moitísimo tempo nos despachos de San Caetano” e agora é “descafeinado nas dimensións e usos a respecto do inicialmente previsto”.

Para o BNG seguen absolutamente intactas as reivindicacións sobre o centro de saúde de Conxo “e tanto o PP, como o Goberno municipal de Santiago e a Xunta de Galiza poden ter claro que o BNG non vai cesar no seu empeño de que ese compromiso adquirido coa cidade se materialice”.

Recoñeceu Rubén Cela que este centro de saúde de Galeras prevé “aliviar” parte dos problemas de atención primaria de Compostela e dá resposta a unha dotación asistencial pensada para a veciñanza da Cidade Histórica e de Galeras. Porén, “non soluciona os problemas de atención primaria de Santiago de Compostela e iso deriva no resto da atención hospitalaria”, engadiu.

“O centro de saúde de Conxo non é un capricho, é unha necesidade básica para o futuro de Santiago de Compostela e ademais trátase dun compromiso adquirido por parte da Xunta de Galiza con este Concello”, concluíu.

O BNG lembra o compromiso esquecido da Xunta para construír o centro de saúde de Conxo