O BNG organiza, como en anos pasados, un acto en memoria de Ánxel Casal

O BNG organiza, como en anos pasados, un acto en memoria de Ánxel Casal

O BNG organiza, como en anos pasados, un acto en memoria de Ánxel Casal, alcalde asasinado a mans do franquismo

Celebrarase o mércores 19 na rúa do Vilar ao pé do inmóbel que albergou a Imprenta Nós

Santiago de Compostela, 05 de agosto de 2015.- O BNG de Santiago organiza a homenaxe a Ánxel Casal que lle tributa anualmente esta organización política coincidindo coa data do seu asasinato a mans do franquismo en 1936.

Este acto, de carácter simbólico, celebrarase o mércores 19 na rúa do Vilar, número 15, ao pé do inmóbel que albergou a Imprenta Nós.

Ademais, a agrupación nacionalista vén de solicitar ao Goberno municipal que lle permitan, no transcurso desta conmemoración, colgar nun dos balcóns do Pazo de Raxoi a bandeira “denantes mortos ca escravos” emblema do nacionalismo galego.

Ánxel Casal foi o último alcalde nacionalista da cidade de Santiago e destacou polo seu labor como editor e político.

O BNG organiza, como en anos pasados, un acto en memoria de Ánxel Casal