O BNG reclama no Pleno un cambio na normativa de servidume do aeroporto nos núcleos rurais

O BNG reclama no Pleno un cambio na normativa de servidume do aeroporto nos núcleos rurais

Unha representación do BNG congregouse ás portas do pazo de Raxoi para esixir a dimisión dos cargos imputados nas seis causas xudiciais abertas

Outra das mocións do BNG vai destinada a demandar o sistema de préstamo universal de libros de texto nos centros de ensino público de Santiago

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2014.- O BNG traslada ao Pleno do mes de maio cinco iniciativas, entre as que destaca unha moción para reclamar que Fomento e a Axencia Estatal de Seguridade Aérea contemplen a especificidade de solo de núcleo rural en Galiza á hora de expedir licenzas de obras menores nos terreos de servidume do aeroporto de Lavacolla. Aprobouse por unanimidade.

O BNG quere que o Concello de Santiago de Compostela inste ao Congreso a modificar o Real Decreto de Servidumes Aeronáuticas que discrimina as peculiaridades urbanísticas de Galiza. Pedirá tamén que se inste ao Ministerio de Fomento e á Axencia Estatal de Seguridade Aérea a que, para expedir as licenzas de obra menor na zona de servidume do aeroporto de Lavacolla, se teña en conta o Solo de Núcleo Rural como Núcleo Urbano Consolidado.

Outra das mocións do BNG, que foi rexeitada polo PP, vai destinada a demandar o sistema de préstamo universal de libros de texto nos centros de ensino público de Santiago de Compostela. A concelleira Elvira Cienfuegos solicitará tamén que o Concello inste á Xunta a avanzar na gratuidade dos recursos que se utilicen no ensino público, a que se doten os centros de persoal abondo para xestionar axeitadamente o sistema de préstamo e a que non se cambien os libros de texto para o vindeiro curso escolar naqueles cursos en que se vai implantar a LOMCE.

Ademais, o BNG defenderá outra moción para instar á Xunta de Galiza a incrementar a dotación de fondos no programa das Rendas de Integración Social de Galiza ou as Axudas de Emerxencia Social ante a suba de persoas en situación de exclusión social. No texto do documento advírtese tamén que a Xunta incumpre os prazos para conceder estas achegas que resultan insuficientes ante o incremento da pobreza. O PP votou en contra.

O BNG reclamará, así mesmo, o restabelecemento do subministro de auga na Fonte Sequelo, logo das obras de restauración e á vista da redución do seu caudal e da demanda da veciñanza de recuperación das súas condición habituais.

Tamén o BNG rexistrou unha pregunta para coñecer os motivos do derrubo do muro de valor patrimonial que rodea a Finca do Espiño na zona do Carme de Abaixo, e para saber se o Goberno local ten previsto repoñelo e en que prazo temporal.

O BNG reclama no Pleno un cambio na normativa de servidume do aeroporto nos núcleos rurais