O BNG reclámalle ao alcalde que vele polo mantemento da Rocha Forte que está invadida de vexetación

O BNG reclámalle ao alcalde que vele polo mantemento da Rocha Forte que está invadida de vexetación

Esta despreocupación delata un escaso interese polo coidado do patrimonio

Santiago de Compostela, 05 de agosto de 2016.- O grupo municipal do BNG demándalle ao grupo de Goberno que vele polo mantemento e pola conservación da Rocha Forte, xa que presenta un descoidado estado debido ao crecemento da vexetación, tanto na zona escavada como na súa contorna, o que dificulta a visión global desta actuación arqueolóxica.

Para o BNG, que na actualidade non se presten uns mínimos coidados básicos consistentes na roza da vexetación dun xeito periódico é proba do continuísmo do Goberno anterior no seu xeito de actuar. Esta despreocupación delata un escaso interese polo coidado do patrimonio e polo resultado da percepción das persoas que se achegan a coñecer este legado histórico.

O BNG reclámalle ao alcalde que vele polo mantemento da Rocha Forte que está invadida de vexetación