Paula Prado, citada a declarar como imputada por fraude e tráfico de influencias, debe dimitir

Paula Prado, citada a declarar como imputada por fraude e tráfico de influencias, debe dimitir

Detrás desa imputación hai indicios delituosos graves presuntamente cometidos na súa etapa como concelleira en Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 13 de novembro de 2014.- O grupo municipal do BNG considera que Paula Prado, por decencia política, debe abandonar o escano no Hórreo. Así valorou a citación de Paula Prado en calidade de imputada por supostos delitos de fraude e de tráfico de influencias que puido cometer durante a súa etapa como concelleira en Santiago de Compostela

Para o BNG, a demora nesta investigación a Paula Prado atribúese á súa condición de deputada parlamentaria e á semi-blindaxe en calidade de aforada, mais non é sorpresa que sexa chamada a declarar no marco da operación Pokemon.

O grupo municipal do BNG considera que Paula Prado debe deixar a acta de deputada e “non se debe atornillar ao escano do Hórreo cando detrás desa imputación hai indicios delituosos graves, aínda coa distinción entre imputación e condena”, pois englóbase nunha cuestión de corrupción, que é unha das grandes preocupacións sociais como demostran as enquisas de opinión e o propio CIS.

Paula Prado, citada a declarar como imputada por fraude e tráfico de influencias, debe dimitir