Rubén Cela tacha de “inaceptábel” o anuncio de Ana Pastor en campaña electoral

Rubén Cela tacha de “inaceptábel” o anuncio de Ana Pastor en campaña electoral

Cuestiona o “clamoroso silencio” nas melloras de seguridade ferroviaria, nos compromisos en Angrois, nos descontos da AP-9 e na estación depuradora

As obras que anunciou a titular de Fomento son infraestruturas xa comprometidas e cun considerábel atraso no seu procedemento

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2014.- O portavoz do grupo municipal do BNG de Santiago, Rubén Cela, cualificou de “inaceptábel e inoportuno” o anuncio de licitación de diversas obras realizado pola ministra Ana Pastor en plena campaña electoral, porque “vulnera as regras de xogo democrático, como adoita facer o PP de xeito sistemático en cada convocatoria electoral”.

Referiuse tamén Rubén Cela a que as obras que anunciou a titular de Fomento son infraestruturas xa comprometidas e cun considerábel atraso no seu procedemento e na súa tramitación, de aí que sexa inoportuno anuncialas en período electoral.

Ademais, cuestionou o “clamoroso silencio” doutras obras e melloras en infraestruturas “de grande importancia” como a adopción de melloras de seguridade no trazado ferroviario, os compromisos adquiridos coa veciñanza de Angrois, a dotación de usos para a vella terminal de Lavacolla, o plan de descontos da AP-9 e as obras da estación depuradora de augas residuais, entre outros.

Rubén Cela tacha de “inaceptábel” o anuncio de Ana Pastor en campaña electoral