ARTE

Acto para difundir o legado da artista Maruxa Mallo

maruxamallo
maruxamallo

Será o martes ás 20:00 na libraría Lila de Lilith 

Acto para difundir o legado da artista Maruxa Mallo

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2017.- O BNG de Santiago organiza un acto público para difundir o legado da artista Maruxa Mallo, homenaxeada este ano pola Real Academia Galega de Belas Artes. O evento será o martes 13 de xuño ás 20:00 horas na libraría Lila de Lilith (rúa Travesa, 7).

Co título de “Vivir coa alma aferrada a un doce recordo”, a actriz Tero Rodríguez, da compañía Fantoches Baj, realizará unha performance para achegar o público á obra da pintora e tamén intervirá a xornalista Carme Vidal, autora da biografía da artista publicada por A Nosa Terra.

Maruxa Mallo destacou profesionalmente pola súa actividade artística que plasma o seu compromiso político, revolucionario e feminista. Con este acto, o BNG quere dar a coñecer a súa transcendencia na arte galega durante o exilio.

Acto para difundir o legado da artista Maruxa Mallo