Imprimir

Ana Pontón estará este martes no mitin central do BNG en Compostela

BNG de Santiago | 06 de xullo de 2020

Será ás 20:00 horas na praza da Quintana

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2020.- O BNG chama a participar no acto central do BNG en Compostela, que será este martes 7 de xullo ás 20:00 na praza da Quintana, coa intervención da candidata á Presidencia da Xunta Ana Pontón, para dar a coñecer as propostas do cambio galego en favor dun modelo que prime a economía, os dereitos sociais, a defensa dos servizos públicos, a cultura, a lingua galega e a nosa identidade como país.

Neste mitin, ademais de Ana Pontón, intervirán Xosé Luís Rivas “Mini”, Néstor Rego, Rafa Vilar, Daniela Ferrández e Goretti Sanmartín.

Para o BNG, construír un futuro diferente esixe políticas propias, tomar desde Galiza as propias decisións e o resultado do 12X, co apoio a Ana Pontón, servirá para poñer en marcha unha nova Galiza.

O BNG defende unha Galiza viva no económico, xusta no social e forte no autogoberno, que mellore o futuro e as oportunidades para aproveitar o talento e os recursos coa idea de xerar riqueza no propio país.

Deste xeito, reclama converter o descontento acumulado polas políticas do PP nunha mobilización masiva nas urnas o vindeiro 12X para concentrar o seu voto no BNG e conseguir un cambio galego que permita abrir un tempo novo cunha muller presidenta e cun Goberno preparado para defender este país.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/ana-ponton-estara-martes-mitin-central-do-bng-compostela/20200706141200002927.html


© 2020 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Rúa do Home Santo, 54 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981554167
Correo: compostela@bng.gal