Imprimir

Aprobada a remodelación da zona de aparcadoiro de Belvís

bngsantiago | 11 de Maio de 2017

Belvís
Belvís

Requiriuse tamén o arranxo de iluminación pública e sinalización deteriorada

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2017.- O grupo municipal do BNG trasladou á reunión do Consello de Administración de TUSSA a necesidade de acometer un proceso de ordenación e mellora da mobilidade en Belvís, que foi aceptada.

Así, procederase a reordenar as zonas de estacionamento deste aparcadoiro público e o tráfico dos accesos ao campo de fútbol e á rúa das Trompas, grazas á iniciativa do portavoz do BNG, Rubén Cela.

Ademais, requiriuse o arranxo de elementos deste aparcadoiro que precisan unha intervención inmediata, como as farolas en mal estado e a sinalización xirada cara ás árbores que non cumpren a súa función.

Podes ver este artigo na próxima dirección http://santiago.bng.gal/articulo/novas/aprobada-remodelacion-da-zona-aparcadoiro-belvis/20170511141834001863.html


© 2017 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal