SAN LOURENZO

O BNG insta a retirar, de urxencia, as torres eléctricas abandonadas por Fenosa en San Lourenzo ante o risco de caída

torreta01
Torreta abandonada en San Lourenzo

Os últimos temporais provocaron un desgaste que preocupa a veciñanza

O BNG insta a retirar, de urxencia, as torres eléctricas abandonadas por Fenosa en San Lourenzo ante o risco de caída

Santiago de Compostela, 28 de maio de 2018.- O BNG insta ao Goberno local a facer as xestións necesarias para retirar, de urxencia, as torres eléctricas que Fenosa deixou de utilizar en San Lourenzo, por agravarse o seu estado de deterioración despois dos últimos temporais.

O grupo municipal nacionalista recibiu queixas da veciñanza do barrio de San Lourenzo ante a preocupación que supón ter esas instalacións enferruxadas que ameazan con desprenderse e estar nunha zona de paso próxima a vivendas. Ademais de teren unha altura elevada, poden presentar problemas nas ancoraxes ao chan derivadas da corrosión por permaneceren á intemperie e sen supervisión.

Deste xeito, o BNG reclama que se fagan as xestións oportunas con Fenosa e, no caso de que a distribuidora demore a retirada destas instalacións en desuso, se encargue o Concello de Santiago de desmontalas por responsabilidade, xa que nunha situación de alerta como a actual debe actuar para velar pola seguranza.

O BNG insta a retirar, de urxencia, as torres eléctricas abandonadas por Fenosa en San Lourenzo ante o risco de caída