Imprimir

O BNG propón a apertura do aparcadoiro exterior do centro comercial As Cancelas para solucionar as carencias no CEIP Monte dos Postes

bngsantiago | 10 de Outubro de 2018

Con esta medida contribúese ademais a reducir o tránsito de vehículos xusto no acceso do colexio para ofrecer unha contorna segura aos nenos e nenas

Santiago de Compostela, 10 de outubro de 2018.- O grupo municipal do BNG defenderá no Pleno unha iniciativa para estabelecer un concerto co centro comercial As Cancelas para abrir a zona de aparcadoiro exterior durante o tempo de entrada ao CEIP Monte dos Postes.

Deste xeito, quérese contribuír a evitar os problemas de afluencia de vehículos que non dispoñen de suficientes prazas de estacionamento nese lugar e de ofrecer unha contorna segura aos nenos e nenas.

Na actualidade existe un problema derivado da falta de prazas de aparcadoiro nas inmediacións do CEIP Monte dos Postes, como acontece en diversos centros de ensino da cidade. Nalgúns destes, como o Lasalle, optouse por concertar un sistema de estacionamento entre a ANPA e o aparcadoiro do mesmo nome para obteren 15 minutos de balde nos horarios de entrada e saída de escolares.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-propon-apertura-do-aparcadoiro-exterior-do-centro-comercial-cancelas-solucionar-carencias-ceip-monte-postes/20181010120258002269.html


© 2018 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal