XUNTA

O BNG reclama a apertura do Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas discapacitadas “que leva 5 anos rematado e inutilizado”

Rexistrou preguntas no Concello e no Parlamento para saber a data prevista para a súa entrada en funcionamento

O BNG reclama a apertura do Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas discapacitadas “que leva 5 anos rematado e inutilizado”

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2017.- O BNG rexistrou preguntas no Concello e no Parlamento para coñecer a data prevista de apertura do Centro Galego de Desenvolvemento Integral (CEGADI) para a súa entrada en funcionamento.

Segundo lembrou Rubén Cela, portavoz municipal nacionalista en Raxoi, este é un proxecto que se remonta a 2007, cando se conseguiron os terreos e se formalizou a construción dunha parcela de 8.700 m²  cun orzamento inicial de 8,7 millóns de euros, aínda que finalmente se investiron 13 millóns de euros. “Tratábase dun centro de vangarda, innovador e único no Estado para o tratamento integral da discapacidade”, tendo en conta que en Galiza hai 250.000 persoas potenciais usuarias deste espazo.

No proxecto inicial estaban previstos plans de formación para 70 persoas, 60 prazas para habilitación funcional, emocional e psicosocial, 71 prazas para centro de día,  32 con carácter residencial para fomentar a autonomía de persoas usuarias, ademais dun centro de I+D de integración. Despois de varios cambios e de inxectar 1,7 millóns máis prevíase o remate para o 2012 e a realidade é que leva 5 anos rematado e inutilizado.

Deste xeito, Rubén Cela cuestionou que “foron múltiples os anuncios da Xunta con prazos de apertura incumpridos e, no último deles, prevíase a súa entrada en funcionamento no primeiro semestre de 2017, por iso queremos saber as datas que manexan para instar a que se fagan efectivas”.

Parque comarcal de bombeiros

A preguntas de xornalistas sobre o documento conxunto dos alcaldes da comarca, agás o de Santiago, para reclamaren a construción dun parque propio de bombeiros ao Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, Rubén Cela advertiu da “incapacidade do alcalde compostelán para aglutinar as demandas da comarca”

O BNG reclama a apertura do Centro Galego de Desenvolvemento Integral para persoas discapacitadas “que leva 5 anos rematado e inutilizado”