Imprimir

O BNG reclama que arranxen as escaleiras mecánicas da estación de autobuses que levan todo o verán avariadas

bngsantiago | 29 de Agosto de 2018

Estación de autobuses
Estación de autobuses

Rubén Cela afirma que “o BNG non demanda obras de melloras estruturais, tan só as que garantan un bo servizo aos milleiros de persoas que a usan a diario”

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2018.- O grupo municipal do BNG de Santiago reclama que se restabeleza o servizo das escaleiras mecánicas da estación de autobuses, que levan máis dun mes sen funcionar.

Pese a que este servizo está pendente de traslado xunto á estación de ferrocarril, segundo o proxecto intermodal, cómpren obras de mantemento e de conservación básicas mentres non se realice o cambio. Neste sentido, Rubén Cela afirma que “o BNG non reclama obras de melloras estruturais, tan só as que garantan un bo servizo aos milleiros de persoas que usan a diario a estación de autobuses”.

Así, coas escaleiras de baixada avariadas durante a tempada de verán demóstrase o desleixo por parte do Goberno local de Compostela Aberta e do Goberno da Xunta do Partido Popular, que non apoian o transporte público colectivo como lles corresponde.

Xunto á demanda de arranxar as escaleiras mecánicas, o BNG xa reclamou en reiteradas ocasións a necesidade de solucionar os problemas da cuberta, pois cando chove hai numerosas pingueiras que encharcan zonas determinadas co perigo de esvarar para as persoas usuarias, á parte de ofrecer unha imaxe deplorábel destas instalacións públicas coa recollida de auga en caldeiros.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-reclama-arranxen-escaleiras-mecanicas-da-estacion-autobuses-levan-todo-veran-avariadas/20180829124013002233.html


© 2018 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal