OBRAS

O BNG reclama o arranxo das lousas levantadas e as liñas despintadas no estacionamento de Salgueiriños

salg02
Lousas levantadas

Demándalle ao equipo de Compostela Aberta que vele pola boa conservación deste espazo

O BNG reclama o arranxo das lousas levantadas e as liñas despintadas no estacionamento de Salgueiriños

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2017.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, reclámalle ao Goberno de Martiño Noriega que proceda a arranxar a zona de aparcadoiro de Salgueiriños, un espazo de moito uso que precisa urxentes labores de mantemento.

Ante as queixas recibidas da veciñanza, tanto de Salgueiriños como de persoas que se achegan a realizar xestións aos edificios administrativos, o BNG demándalle ao equipo de Compostela Aberta que vele pola boa conservación deste espazo.

Lousas levantadas, liñas sen pintar e sen delimitar, esquinas rotas do mobiliario urbano e muros desfeitos no perímetro do estanque que precisan reposición de materiais básicos son algunhas das deficiencias que se detectan nunha visita ao lugar e que presentan problemas de seguranza na zona de paseo.

O BNG reclama o arranxo das lousas levantadas e as liñas despintadas no estacionamento de Salgueiriños