Imprimir

O BNG reclama melloras de accesibilidade en Santas Mariñas

bngsantiago | 03 de Septembro de 2018

Sen accesibilidade
Sen accesibilidade

Un sinal e a maleza obstaculizan o paso pola beirarrúa

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2018.- O grupo municipal do BNG de Santiago trasládalle ao Goberno local de Compostela Aberta a necesidade de arranxar os problemas de accesibilidade na rúa Santas Mariñas derivados da instalación dun sinal nun lugar inadecuado, que se unen á proliferación de maleza que impide o paso pola beirarrúa.

O BNG recibiu queixas dun veciño con discapacidade que vive nesa zona e non pode ir en cadeira de rodas por esa beirarrúa invadida pola maleza e co obstáculo dun sinal de paso de peóns. Isto evidencia que na planificación urbana é necesario ter en conta as persoas que van a pé, con mobilidade reducida e con carriños de bebé; non só as que se desprazan en vehículos.

En concreto, este sinal está enfronte do número 28 de Santas Mariñas, un barrio que gañou poboación nos últimos anos e que precisa melloras de urbanización acordes á normativa de accesibilidade.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-reclama-melloras-accesibilidade-santas-marinas/20180903132532002240.html


© 2018 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal