MOBILIDADE

O BNG reclama melloras para o aparcadoiro de Pontepedriña

aparcadoiro.pontepedrinha01
Aparcadoiro Pontepedriña

Cuestiona o “estado lamentábel de mantemento” con papeleiras que rebordan lixo e maleza que invade zonas de paso

O BNG reclama melloras para o aparcadoiro de Pontepedriña

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2018.- O concelleiro Rubén Cela advírtelle ao Goberno local de Compostela Aberta do “incumprimento reiterado a respecto de establecer un sistema de rotación de vehículos no aparcadoiro de Pontepedriña, pois hai queixas de que son moitos os coches que pasan longas tempadas estacionados”.

Ademais, cuestionou “o estado lamentábel de mantemento”, con papeleiras que rebordan lixo e vexetación que invade zonas de paso, como en tantos outros sitios da cidade de Santiago de Compostela.

Outra das demandas de persoas usuarias deste aparcadoiro é unha mellor iluminación pública para ofrecer seguranza cando van retirar ou deixar os coches de noite.

O BNG reclama melloras para o aparcadoiro de Pontepedriña