Imprimir

O BNG reclama no Pleno a recuperación dos lavadoiros deteriorados de Laraño

bngsantiago | 11 de Outubro de 2018

Lavadoiro en Laraño
Lavadoiro en Laraño

A veciñanza presentara a proposta nos Orzamentos Participativos de 2017

Santiago de Compostela, 11 de outubro de 2018.- O grupo municipal do BNG solicitará no vindeiro Pleno a rehabilitación e recuperación de lavadoiros na parroquia de Laraño, concretamente no lugar de Lamas e xunto a igrexa.

A veciñanza de Laraño trasladou a necesidade do arranxo de dous lavadoiros nesta mesma parroquia. Un deles atópase en Lamas e ten a estrutura da cuberta en mal estado, con moitas tellas soltas que poden caer en canto chegue o inverno.

O outro lavadoiro que tamén está nunhas pésimas condicións atópase no muro norte que enmarca o terreo da igrexa. Este ten filtracións de auga provocando que o chan de arredor se volva intransitábel para as persoas.

As veciñas e veciños de Laraño xa hai dous anos que demandaron o arranxo destes lavadoiros e mesmo presentaron a proposta nos Orzamentos Participativos de 2017. As fontes e lavadoiros teñen, na actualidade, un valor fundamentalmente etnográfico e as administracións públicas son responsábeis do coidado e mantemento deste patrimonio cultural galego.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-reclama-pleno-recuperacion-lavadoiros-deteriorados-larano/20181011130209002272.html


© 2018 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal