Imprimir

O BNG traslada o apoio ás reivindicacións do persoal do aeroporto que inicia folga este venres

bngsantiago | 10 de setembro de 2019

Reunión co comité de folga do aeroporto
Reunión co comité de folga do aeroporto
Goretti Sanmartín reúnese co comité de folga para solidarizarse coas mobilizacións destinadas a evitar os recortes de dereitos laborais

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2019.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, mantivo unha reunión co comité de folga do aeroporto Rosalía de Castro – Lavacolla co fin de trasladarlles o apoio á reivindicación das necesidades do persoal ante os recortes de dereitos laborais.

En concreto, reclaman que se manteña a cantina para as traballadoras e traballadores, o incremento do cadro de persoal acorde ao constante incremento da carga laboral, a denuncia da temporalidade e precariedade nas empresas subcontratadas, o cumprimento da cobertura en horario nocturno, o cese dos recortes no servizo de enfermaría e o abono do aparcadoiro obrigatorio soportado polo persoal.

Deste xeito, Goretti Sanmartín expresoulle ao comité de folga o apoio do BNG para os paros que secundarán a partir do venres 13 de setembro, entre as 4:30 e as 10:30, e a concentración prevista para as 9:30 nas propias instalacións do aeroporto co fin de evitar os recortes de dereitos laborais. As seguintes mobilizacións serán o 20 e 27 de setembro para as empresas principais, subcontratas ou concesionarias, en caso de non chegar a acordo antes.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/bng-traslada-apoio-reivindicacions-do-persoal-do-aeroporto-inicia-folga-venres/20190910130414002676.html


© 2019 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Rúa do Home Santo, 54 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981554167
Correo: compostela@bng.gal