ENSINO

A escola infantil de Salgueiriños, investigada na Pokemon, súmase á listaxe de servizos municipais sen contrato

Manter así as empresas concesionarias representa un xeito de gobernar moi afastado da transparencia e da boa xestión de recursos públicos

A escola infantil de Salgueiriños, investigada na Pokemon, súmase á listaxe de servizos municipais sen contrato

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017.- O grupo municipal do BNG advírtelle ao Goberno local de Compostela Aberta que o 18 de abril expirou o contrato da escola infantil de Salgueiriños, investigada na Pokemon, e que na actualidade está a prestar o servizo sen contrato.

Para o BNG, como avisara no mes de marzo en rolda de prensa, isto obedece a unha falta de previsión na axenda de Compostela Aberta para realizar unha xestión transparente e acorde cos prazos da Lei de Contratos do Sector Público, posto que non realizou unha nova adxudicación en prazo, nin sequera de urxencia.

Deste xeito, a escola infantil de Salgueiriños súmase á listaxe de empresas concesionarias que operan deste xeito baixo o mandato de Compostela Aberta. Cómpre lembrar que os centros socioculturais levan dende marzo de 2016 sen contrato, as pistas de pádel xestionadas polo Concello no Multiusos Fontes do Sar dende outubro de 2016 e o servizo da ORA e guindastre dende xaneiro de 2017, ao que se engade unha sentenza sen executar de outubro de 2015. Para o BNG, estes feitos representan un xeito de gobernar moi afastado da transparencia e da boa xestión de recursos públicos.

A escola infantil de Salgueiriños, investigada na Pokemon, súmase á listaxe de servizos municipais sen contrato