Imprimir

Esther Martínez Piñeiro

bngsantiago | 15 de febreiro de 2019

Esther Martínez
Esther Martínez

Esther Martínez vai no número 6 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Nacín en Vigo, hai 51 anos. De moza pertencín ao grupo ecoloxista Erva e practiquei o atletismo con dedicación. Aos dazaoito anos vin estudar a Compostela e aquí fiquei, aínda que continuei coa miña actividade deportiva e traballei como peón forestal nas Illas Cíes.

Son doutora en Pedagoxía e, desde hai vinte anos, docente na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, na que fun vicedecana  entre 2003 e 2006, e na que  imparto clases ás futuras mestras e educadoras sociais.

Son tamén representante sindical  (CIG) na xunta de persoal docente da Universidade.

Son nai dunha nena e dous nenos que estudan en centros públicos de Santiago. A convición de que xuntas/os se consegue máis e a defensa do ensino público levoume a participar activamente desde hai mais de dez anos na Asociación de nais e pais do  CEIP de Roxos. Ademais, desde hai catro formo parte da directiva da Federación Galega de Anpas Compostela, na que se integran hoxe corenta Anpas deste concello e doutros da contorna.

Esther Martínez vai no número 6 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/esther-martinez-pineiro/20190215101143002384.html


© 2019 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Rúa do Home Santo, 54 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981554167
Correo: compostela@bng.gal