Imprimir

Goretti Sanmartín advirte de que centos de familias aínda non saben se dispoñen de bolsas de comedor

BNG de Santiago | 12 de novembro de 2019

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín
“Dous meses despois de iniciado o curso escolar xa non serve escudarse en problemas administrativos para xustificar esta demora”, explica

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2019.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, recibiu queixas de nais e pais que non teñen a confirmación das bolsas de comedores e de actividades extraescolares dous meses despois do inicio do curso, polo que lle reclama ao alcalde que axilice os trámites da convocatoria.

Para o BNG, é necesario que o Goberno local de Sánchez Bugallo “tome en serio a materia educativa, pois son centos de familias as que están pendentes de saber se lles corresponden as bolsas de comedores e de actividades extraescolares, o que dificulta a organización de labores de conciliación”.

“O Concello ten que facilitar os labores de conciliación laboral e familiar coa publicación da concesión destas axudas para as familias con dificultades económicas, porque dous meses despois de iniciado o curso escolar xa non serve escudarse en problemas administrativos para xustificar esta demora”, esgrimiu a portavoz municipal do BNG.

Insistiu tamén na inclusión das demandas das ANPAs na elaboración dos pregos para o próximo concurso de comedores escolares, “co fin de mudar dunha vez o modelo para apostar por subministrar alimentación cun servizo de mellor calidade”.

 

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/goretti-sanmartin-advirte-centos-familias-ainda-non-saben-disponen-bolsas-comedor/20191112134216002738.html


© 2020 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Rúa do Home Santo, 54 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981554167
Correo: compostela@bng.gal