Imprimir

Goretti Sanmartín reclama “clareza e concreción” na reunión do alcalde para o proxecto da depuradora

bngsantiago | 18 de decembro de 2018

“Produce unha fonda tristura o tempo perdido dos anos no PP e de CA para solucionar un dos problemas máis graves que ten Santiago de Compostela como é a falta de depuración de augas residuais”, advirte

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2018.- A portavoz municipal do BNG, Goretti Sanmartín, sinalou en rolda de prensa “os problemas de negociación interinstitucional do Goberno de Compostela Aberta” en relación coa reunión que manterá o alcalde en Madrid sobre a depuradora.

Despois de 2 anos iniciais en que o Goberno de Compostela Aberta seguía defendendo que O Souto era unha opción para a depuradora, no terreo práctico non hai nada do cambio a emprazala na Silvouta, explicou.

Así, amosou a preocupación polos prazos marcados para a obtención dos fondos europeos, polo que esixiu que desa xuntanza en Madrid se saia con “clareza e concreción”, cunha proposta técnica co visto e prace das administracións implicadas “porque parece que a estas alturas nin iso temos”.

Para Goretti Sanmartín, é necesaria unha confirmación formal da tramitación ambiental abreviada e unha proposta de convenio cunha achega razoábel para o concello, que non sexa gravosa ou un agravio claro para Compostela, con compromisos orzamentarios no Estado, na Xunta e no Concello. “De non haber esa concreción, malamente poderemos chegar ao 2023, data límite da Comisión Europea para conceder os fondos, cos deberes feitos”, dixo, porque durante todo este mandato de Compostela Aberta se continuou a contaminar os ríos “produce unha fonda tristura como balance de tempo perdido dos anos no PP e de CA para solucionar un dos problemas máis graves que ten Santiago de Compostela como é a falta de depuración de augas residuais”.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/goretti-sanmartin-reclama-clareza-concrecion-reunion-do-alcalde-proxecto-da-depuradora/20181218133208002317.html


© 2019 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Rúa do Home Santo, 54 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981554167
Correo: compostela@bng.gal