Imprimir

Goretti Sanmartín reclama melloras de accesibilidade no local sociocultural da Almáciga

bngsantiago | 30 de Outubro de 2018

Pese a ser un espazo público, non dispón de medidas necesarias para facilitar a participación da veciñanza nas actividades

Santiago de Compostela, 30 de outubro de 2018.- A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín Rei, reclama o acondicionamento da actual entrada ao local sociocultural da Almáciga ou a procura dunha nova que facilite que poida ser utilizado pola veciñanza que ve restrinxida a súa participación nas actividades pola falta de accesibilidade e de iluminación.

O local sociocultural da Almáciga, pese a ser un espazo público, non dispón de medidas de accesibilidade necesarias para facilitar a participación da veciñanza nas actividades que alí se desenvolven, principalmente pola asociación Francisco Asorey. Por este motivo, ante as queixas recibidas, o BNG trasladará ao vindeiro Pleno unha iniciativa para procurarlle unha solución.

Ademais da presenza de escaleiras, é necesario atravesar un carreiro sen iluminación para chegar ao espazo sociocultural, o que dificulta nalgúns casos ou veta, directamente, a participación da veciñanza de máis idade nas actividades programadas cando son potenciais usuarias.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/goretti-sanmartin-reclama-melloras-accesibilidade-local-sociocultural-da-almaciga/20181030141056002278.html


© 2018 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Avda. Rodríguez de Viguri, 16 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981555850
Correo: sedenacional@bng.gal