PLENO

Goretti Sanmartín reclama un protocolo para a limpeza de edificios e monumentos históricos que non dane o patrimonio

Limpeza en San Martiño Pinario con auga a presión
Limpeza en San Martiño Pinario con auga a presión
Recentemente utilizouse unha máquina con auga a presión na escalinata barroca de San Martiño Pinario, co desgaste que ocasiona este método na pedra
Goretti Sanmartín reclama un protocolo para a limpeza de edificios e monumentos históricos que non dane o patrimonio

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2020.- O grupo municipal do BNG trasladaralle ao Goberno local unha pregunta para saber se vai dar indicacións ao servizo de limpeza para substituír o uso das máquinas hidrolimpadoras de alta presión en bens patrimoniais por outros métodos menos agresivos, que teñan en conta a porosidade e características dos materiais, cun protocolo adecuado para que non causen dano na superficie de monumentos e edificios históricos en Santiago de Compostela.

O Colectivo A Rula fíxose eco nas redes sociais dunha fotografía do persoal de limpeza que utilizou unha máquina con auga a presión na escalinata barroca de San Martiño Pinario, co desgaste que ocasiona este método na pedra.

En Santiago de Compostela hai numerosos edificios e monumentos de pedra que, ao estaren á intemperie e sometidos á contaminación, á chuvia e ao tránsito de persoas presentan unha capa escura cun depósito solidificado que se pode limpar con métodos adecuados sen modificar a pátina, a película natural de protección.

Outro exemplo recente onde aconteceu algo semellante por utilizar métodos non adecuados de limpeza, aínda que se trata dunha actuación nunha propiedade privada, son os capiteis de columnas do edificio situado na rúa Tras Salomé onde perderon parte da súa capa exterior co puído da pedra.

Goretti Sanmartín reclama un protocolo para a limpeza de edificios e monumentos históricos que non dane o patrimonio