Homenaxe a Elvira Cienfuegos, que deixa a Corporación despois de 12 anos ao servizo da cidade

Homenaxe a Elvira Cienfuegos, que deixa a Corporación despois de 12 anos ao servizo da cidade

O acto será aberto ao público o sábado 18 ás 13:00 horas na Casa de Brandía e, continuación, está previsto un xantar

Santiago de Compostela, 13 de abril de 2015.- O BNG, en colaboración co asociacionismo veciñal e cos colectivos sociais, organiza un acto de homenaxe á concelleira do BNG Elvira Cienfuegos, que deixará a Corporación municipal despois de 12 anos ao servizo da cidade.

O evento será aberto ao público e desenvolverase o sábado 18 ás 13:00 horas na Casa de Brandía e, continuación, está previsto un xantar na Nave de Vidán. As persoas que queiran asistir á comida, deberán retirar o bono por 25 euros no propio restaurante, na libraría Pedreira, no local comarcal do BNG situado na rúa do Home Santo 54 ou na oficina do grupo municipal do BNG do pazo de Raxoi. O prazo para obter o bono de xantar remata o mércores 15 de abril.

Elvira Cienfuegos ocupou as responsabilidades de Educación e Mocidade no período 2003-2011 e de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible no 2007-2011. Neste último mandato, como concelleira na oposición, as súas iniciativas destacaron por continuar na defensa da depuración de augas, do ensino público, das zonas verdes, do patrimonio, do rural e do persoal que presta servizos públicos. Nesta convocatoria electoral do 24 de maio, pecha a lista do BNG-Asembleas Abertas.

Profesionalmente, é licenciada en Bioloxía e Farmacia e exerce como catedrática de Bioloxía e Xeoloxía no Instituto Xelmírez II en Santiago.

Homenaxe a Elvira Cienfuegos, que deixa a Corporación despois de 12 anos ao servizo da cidade