Imprimir

Lucía Carreira

bngsantiago | 20 de febreiro de 2019

Lucía Carreira
Lucía Carreira

Lucía Carreira vai no número 10 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Estudei Graduado social e son veciña do barrio das Fontiñas.

Son presidenta da Asociación cultural e musical Solfa na que levo anos desenvolvendo un traballo intenso para que a nosa lingua e cultura sexa normalizadas.

Fun presidenta da Federación Galega de Bandas de música na que se traballei a prol da dignificación da nosa música. No ámbito sindical, formei parte dos órganos de dirección da CIG-Administración pública, da Xunta de persoal do Concello de Santiago, onde traballo como administrativa, e fun delegada da CIG no Concello onde desenvolvín unha actividade sindical activa durante máis de quince anos.

Traballar a prol dunha Galiza normalizada é o meu percorrido diario.

Lucía Carreira vai no número 10 da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/lucia-carreira/20190220102138002398.html


© 2019 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Rúa do Home Santo, 54 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981554167
Correo: compostela@bng.gal