ELECCIÓNS

Lurdes Sesto

0024lourdes-1024x768
Lurdes

Lurdes Sesto vai no número 24 da candidatura do BNG ás eleccións municipais de Santiago

Lurdes Sesto

Chámome Lurdes Sesto. Aínda que me criei en Vila de Cruces estou vinculada a esta cidade desque nacín e posteriormente polo meu traballo xa que levo 26 anos traballando como administrativa na Universidade de Santiago.

Fun e son votante do BNG dende que puiden exercer ese dereito e fíxenme militante nos ‘tempo duros’ pois acredito nesta formación política como a mellor ferramenta para loitar pola transformación cara unha cidade máis participativa, máis humana e con nome de muller.

Lurdes Sesto