PLENO

Navia Rivas preguntará no Pleno pola instalación da marquesiña que demanda a comunidade educativa de Roxos

Navia Rivas
Navia Rivas, concelleira do BNG

Insta o Goberno local a pór as marquesiñas existentes no almacén municipal nas paradas de autobús que carecen delas no rural para mellorar este servizo público

Navia Rivas preguntará no Pleno pola instalación da marquesiña que demanda a comunidade educativa de Roxos

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2019.- A concelleira do BNG Navia Rivas presentará unha pregunta oral no Pleno de xullo para coñecer cal é a previsión do Goberno local para instalar a marquesiña que dea servizo ao transporte escolar de Roxos, tal como reclaman a veciñanza e a comunidade educativa.

Segundo puido saber o BNG, existen marquesiñas no almacén municipal pendentes de instalación. Por estes motivos, a concelleira reclama a súa colocación en paradas de autobús de zonas do rural onde existe demanda e carecen destas instalacións necesarias para mellorar o servizo público de transporte.

En concreto, segundo explicou Navia Rivas “pódense aproveitar estes meses de verán para que en Roxos, ao inicio do curso escolar, estea xa instalada esta marquesiña que levan tanto tempo reclamando para evitar que nenos e nenas deban agardar polo autobús á intemperie e nunha zona de curva na estrada, o que representa un perigo para a seguranza viaria”.

 

Navia Rivas preguntará no Pleno pola instalación da marquesiña que demanda a comunidade educativa de Roxos