PLENO

O BNG reclama novas salas do Social, Familia e Violencia de Xénero ante o colapso xudicial de Santiago de Compostela

O reparto de 2016 non estaba avalado por criterios obxectivos e fora discriminatorio coa capital de Galiza

O BNG reclama novas salas do Social, Familia e Violencia de Xénero ante o colapso xudicial de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 8 de marzo de 2017.- O grupo municipal do BNG trasladará unha moción ao Pleno para instar á Xunta de Galiza a realizar as actuacións necesarias diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza e da Administración do Estado para dotar Santiago de Compostela de novas salas xudiciais do Social, Contencioso-Administrativo e de Violencia de Xénero.

Na Conferencia Sectorial da Administración de Xustiza do 22 de febreiro de 2017, o Goberno español confirmoulle ao galego que en 2017 creará novas salas en Galiza, o que abre a posibilidade de reforzar as que están máis colapsadas, como é o caso de Santiago de Compostela.

Cómpre lembrar que na asignación de novas salas producida en novembro de 2016, a Xunta e o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza acordaron crear cinco novas instancias xudiciais en 2017, nun reparto discriminatorio con Santiago de Compostela que non estaba avalado por criterios obxectivos e obvia o colapso histórico existente.

Nun contexto económico como o actual, a administración debera ser sensíbel para dotar dun novo xulgado do Social que atende temas relacionados co emprego como incapacidades laborais e despedimentos, ademais de ser precisas novas salas de Familia, Contencioso-Administrativo e de Violencia de Xénero ante o incremento de denuncias que se están a producir neste ámbito, recolle o texto da moción do BNG.

O BNG reclama novas salas do Social, Familia e Violencia de Xénero ante o colapso xudicial de Santiago de Compostela