Imprimir

Pilar Lueiro

bngsantiago | 13 de febreiro de 2019

Pilar Lueiro
Pilar Lueiro

Vai no número 4 da candidatura do BNG ás eleccións municipais de 2019 de Santiago de Compostela

Nacín en Santiago de Compostela, en 1975. Vivo no barrio de Sar. Traballei de dependenta, técnica de comercio rural, administrativa do grupo municipal do BNG no Concello de Santiago e na actualidade son profesora de ensino secundario no IES As Mariñas de Betanzos.

Son licenciada en Filoloxía Galega.

Milito no BNG dende hai 25 anos. Maniféstome feminista e independentista. Fun presidenta da Asociación Eu de Sar de Toda a Vida.

Teño un compromiso activo coa lingua do meu país, o galego. Non creo nos títulos en papel e si nas obras, nos feitos; creo no traballo en equipo e penso que é o camiño cara o éxito.

Entre as miñas paixóns atópanse as miñas sobriñas, pasear pola miña cidade, ler e viaxar.

Pilar Lueiro vai no número 4 da candidatura do BNG ás eleccións municipais.

Podes ver este artigo na próxima dirección /articulo/novas/pilar-lueiro/20190213125756002378.html


© 2019 BNG de Santiago de Compostela

Bloque Nacionalista Galego

Rúa do Home Santo, 54 baixo
15703 Santiago de Compostela (GALIZA)
Teléfono: +34981554167
Correo: compostela@bng.gal