Rubén Cela cualifica de “decepcionantes” os Orzamentos do Estado “porque revelan o escaso peso político de Galiza e de Santiago”

Para gañar seguranza peonil e calidade de vida en Conxo
Acción do BNG para gañar seguranza peonil e calidade de vida en Conxo

As obras de humanización e seguranza viaria da rotonda de Conxo non aparecen, pese a estar comprometidas por Fomento

Rubén Cela cualifica de “decepcionantes” os Orzamentos do Estado “porque revelan o escaso peso político de Galiza e de Santiago”

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2018.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, realizou unha valoración inicial dos Orzamentos Xerais do Estado para Santiago de Compostela, que cualificou de “decepcionantes” porque revelan “o escaso peso político de Galiza e de Santiago de Compostela”.

Deste xeito, destacou “as ausencias de partidas para proxectos imprescindíbeis” como poden ser as obras de humanización e seguranza pendentes na rotonda de Conxo, pese ao compromiso de Fomento, as medidas de seguranza viaria no Eixo e na Sionlla, na recta de Finsa, o plan de usos para recuperar a vella terminal de Lavacolla, a estación de mercadorías da Sionlla e a estimación de remate do enlace orbital en 2022. En canto ao Consorcio, conxélase a partida reducida por mor da crise, o que demostra a irrelevancia política que conceden a Santiago de Compostela.

Rubén Cela sinalou tamén que “a experiencia advirte de que o contido nos Orzamentos Xerais do Estado logo na práctica non se executa na súa totalidade, de aí que as partidas consignadas se pospoñan ano tras ano sobre todo en materia de infraestruturas básicas para o desenvolvemento económico de Compostela”.

Rubén Cela cualifica de “decepcionantes” os Orzamentos do Estado “porque revelan o escaso peso político de Galiza e de Santiago”