ACCESIBILIDADE

A senda peonil de Villestro carece de pasos de peóns, advirte o BNG

DSC00307
Falta de pasos de peóns na senda peonil

O asfaltado da estrada tamén presenta numerosas irregularidades

A senda peonil de Villestro carece de pasos de peóns, advirte o BNG

Santiago de Compostela, 23 de xaneiro de 2018.- O grupo municipal do BNG advirte do mal acabado das obras da senda peonil de Villestro que, ademais de non dispor de pasos de peóns para cruzar a estrada, presenta un pavimento irregular e escaso nivel de accesibilidade nalgúns tramos.

Dentro da campaña de seguranza viaria e mellora da accesibilidade que está a realizar o BNG, inclúese a senda peonil de Villestro, en Roxos, que en espazos onde é necesario cruzar para o outra beira da estrada non ten pasos de peóns. Tamén recibiu queixas do pavimento irregular e mesmo do feito de carecer de rebaixes nas beirarrúas, o que dificulta o uso de cadeira de rodas, carriños de bebé e de persoas con mobilidade reducida.

Ademais do tramo peonil, o asfaltado quedou en mal estado por mor das obras de canalización realizadas que deixaron sen pintar, con lombos e ondulacións o pavimento.

O BNG xa alertara da falta de seguranza viaria que existe pola carencia de pasos de peóns en García-Sabell e onda o Seminario Menor de Belvís, logo de recibir queixas da veciñanza que transita a diario pola zona.

A senda peonil de Villestro carece de pasos de peóns, advirte o BNG