Unha "bicicletada" percorre as rúas da cidade para revindicar que "se o Bloque está, Galiza está"

Unha "bicicletada" percorre as rúas da cidade para revindicar que "se o Bloque está, Galiza está"

Esta actividade complementouse cun reparto de material informativo co lema "Para ter voz propia, Galiza con decisión"

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2016.- O BNG - Nós Candidatura Galega saíu este sábado á rúa cunha "bicicletada" para darlle visibilidade á campaña nacionalista ao tempo que reivindica este transporte alternativo e saudábel "na defensa dun modelo de cidade no que as persoas deben ser prioridade fronte aos coches", explicou Concha de la Fuente, responsábel local da campaña.

Logo de participar nun obradoiro para tunear as bicicletas, un grupo de militantes e simpatizantes fixeron un percorrido por San Pedro, Virxe da Cerca, alameda, San Roque e Basquiños, entre outras rúas, ataviados con bandeiras e simboloxía da formación nacionalista.

Esta actividade complementouse cun reparto de material informativo na praza de abastos e no barrio de San Pedro co lema "Para ter voz propia, Galiza con decisión" no que participaron Concha de la Fuente, Rubén Cela e Xesús Domínguez, entre outras militantes e simpatizantes da formación nacionalista.

Deste xeito, mantiveron contacto directo coa veciñanza de Santiago de Compostela para explicar que o BNG-Nós Candidatura Galega se presenta a estas eleccións "cunha candidatura de país que traballará no Congreso para ter voz propia coa que defender os dereitos de Santiago de Compostela e de Galiza", indicou Concha de la Fuente.

Unha "bicicletada" percorre as rúas da cidade para revindicar que "se o Bloque está, Galiza está"