O BNG apoia as reivindicacións do centro de educación infantil Raiola

O BNG apoia as reivindicacións do centro de educación infantil Raiola

Rubén Cela reclama unha planificación escolar para os vindeiros cursos que atenda as necesidades de previsión de crecemento de cada zona de Santiago

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2016.- O grupo municipal do BNG expresou o seu apoio ás demandas da asociación de nais e pais do centro de educación infantil Raiola, afectada pola falta de prazas no CEIP Lamas de Abade onde está adscrito.

O CEIP Lamas de Abade só dispón de 4 prazas para o primeiro curso de primaria en 2016-2017 ás que optarían crianzas de Raiola, Marrozos e o Eixo; cando Raiola ten xa 19 nenos e nenas que solicitaron praza pola súa proximidade e, nalgúns casos, por teren irmáns e irmás neste colexio. O outro centro da zona, o CEIP Ramón Cabanillas, tampouco dispón de prazas para novo alumnado externo nin posibilidades de ampliación de equipamento, segundo anunciou. Deste xeito, a oferta de prazas de escolarización nesta área resulta insuficiente.

Así, o BNG reclama do Concello e da Xunta unha planificación escolar para os vindeiros cursos que atenda as necesidades de previsión de crecemento de cada zona de Santiago de Compostela, co fin de favorecer a conciliación familiar e a educación de rapaces e rapazas na súa contorna vital.

O BNG apoia as reivindicacións do centro de educación infantil Raiola