O BNG organiza un acto público para presentar a campaña “Galiza, a forza que nos une”

O BNG organiza un acto público para presentar a campaña “Galiza, a forza que nos une”

gz.acto.venceSerá este xoves ás 20:00 na Nave de Vidán, coas intervencións de Xavier Vence, Rosana Pérez e Goretti Sanmartín

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2015.- “Galiza, a forza que nos une” é o lema da campaña que o BNG presenta este xoves 20 de outubro ás 20:00 na Nave de Vidán coa participación do portavoz nacional, Xavier Vence, da deputada no Congreso, Rosana Pérez, e da vicepresidenta de Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín.

No acto, aberto ao público, analizarase a situación da Galiza en relación co Estado español e o impacto da súa dependencia; o papel do nacionalismo galego nas Cortes do Estado e aposta pola candidatura galega de unidade. Ademais, proxectarase un vídeo e haberá tempo para a participación e o debate.

Así, explicarase o labor desenvolvido pola formación nacionalista durante dúas décadas de presenza na Cámara baixa, onde a defensa dos intereses galegos estivo garantida grazas ás intervencións do BNG.

O BNG organiza un acto público para presentar a campaña “Galiza, a forza que nos une”