O BNG pídelle a Aena que lle esixa á empresa de seguranza do aeroporto que poña fin ao acoso laboral

O BNG pídelle a Aena que lle esixa á empresa de seguranza do aeroporto que poña fin ao acoso laboral

“Dada a gravidade dos feitos, entendemos que AENA debería investigar esta situación de abusos laborais porque non se poden permitir estes comportamentos nunha empresa concesionaria pagada con recursos públicos”, explica a deputada Rosana Pérez.

Madrid, 25 Novembro 2013. A deputada do BNG no Congreso, Rosana Pérez, presentou unha pregunta parlamentar na Cámara para pedir a AENA que exixa á empresa concesionaria da seguranza no aeroporto de Santiago que poña aos abusos laborais denunciados por catro traballadores e traballadoras.

A deputada do BNG faise eco dos tratos vexatorios que sofren estes traballadores de Segur Ibérica por parte do Coordenador da empresa no aeroporto. “Están sometidos a humillacións como que se lles negue ir ao baño, ou que incluso teñan que comunicar con antelación a previsión das menstruacións, ou a permaneceren 11 horas continuadas de pé sen ser relevados para atender ás súas necesidades fisiolóxicas”.

Rosana Pérez lembra que Segur Ibérica é unha empresa concesionaria do servizo de seguranza no aeroporto de Lavacolla. “Dada a gravedade dos feitos, entendemos que AENA debería investigar esta situación e exixir á dirección da empresa o fin deste tipo de acoso laboral posto que non se poden admitir estos comportamentos nunha empresa concesionaria pagada con recursos públicos”.

Para a parlamentar nacionalista a actuación de AENA debe ir máis alá de expresar a súa repulsa por feitos tan condenábeis, debe dirixirse “á empresa e demandarlle o respecto á normativa laboral, así como o remate dos abusos”.

Esas son as razóns polas que dirixe a AENA unha seria de preguntas: “Coñece o trato vexatorio e humillante ao que están a ser sometidos catro traballadores da empresa Segur Ibérica no aeroporto de Santiago? De ser así, que xestións realizou para pór fin a estos abusos? En caso contrario, Vai AENA a demandar á empresa concesionaria un trato laboral respetuoso cos traballadores? Non considera que este tipo de comportamentos non se poden permitir nunha empresa pagada don fondos públicos?”.

O BNG pídelle a Aena que lle esixa á empresa de seguranza do aeroporto que poña fin ao acoso laboral