O BNG pregúntalle ao alcalde polo resultado das obras da rúa dos Basquiños cortada ao tráfico

O BNG pregúntalle ao alcalde polo resultado das obras da rúa dos Basquiños cortada ao tráfico

A veciñanza quéixase de que os valados e a maquinaria invaden a rúa e ofrecen unha imaxe non desexábel e unha mobilidade dificultosa. Preguntan tamén por que non se renovaron todas as farolas da rúa de Touro.

Santiago de Compostela, 19 de marzo de 2015.- O grupo municipal do Bloque Nacionalista Galego rexistrou unha batería de preguntas sobre as obras da Almáciga, logo de recibir diversas queixas da veciñanza, comerciantes e hostaleiros ante a súa paralización durante máis de tres semanas no tramo Basquiños-A Pastoriza, que permanece pechado e sen informar de se están concluídas.

Estas obras, incluídas no Programa Santiago Urbana Norte, ademais de invadir as rúas con valados e maquinaria, ofrecen unha imaxe non desexábel e unha mobilidade dificultosa para a cidadanía que se ten que desprazar por esta zona, ademais de constatar que o resultado final non é o esperado.

En concreto, o BNG preguntoulle ao alcalde por que non se abre a rúa até a praza da Paz mentres non dan comezo as obras deste último tramo e cando está previsto repor o peto das ánimas. A veciñanza quere saber tamén se o banco de pedra do cemiterio, que quedou bicolor logo da intervención, estaba así reflectido no proxecto, e se co investido na zona se van arranxar ou substituír os bolardos da costa da Pastoriza, ademais de querer coñecer os motivos de por que non se renovaron todas as farolas na rúa de Touro.

O BNG pregúntalle ao alcalde polo resultado das obras da rúa dos Basquiños cortada ao tráfico