TRÁFICO

O BNG reclama a revisión dos sinais instalados que incumpren o regulamento de circulación

sinal
sinal

Na rúa Nova de Abaixo colocouse un sinal de ceda o paso invertido, que en ningún caso sería interpretábel como sinal de advertencia

O BNG reclama a revisión dos sinais instalados que incumpren o regulamento de circulación

Santiago de Compostela, 15 de abril de 2018.- O grupo municipal do BNG reclámalle ao Goberno local de Compostela Aberta que revise os sinais de tráfico que se instalan nas obras novas. Puxo como exemplo o sinal invertido de “ceda o paso” na rúa Nova de Abaixo, que se suma aos sinais equivocados de prohibición de motocicletas no túnel do Hórreo que xa se reclamara con anterioridade.

O sinal triangular de atención branco e vermello baleiro de contido no seu interior non existe no regulamento de circulación, debe levar sempre algunha icona no interior que especifique cal é o obxecto do perigo. Polo tanto, “de querer pór un sinal xenérico de atención ou de perigo tería que ser o que leva unha exclamación, que é o que está incluído no regulamento, ou o seu correspondente en amarelo e negro para as zonas de obras”, segundo recolle unha queixa transmitida pola veciñanza ao grupo municipal do BNG.

O feito de instalar un sinal de xeito invertido perde o significado de “ceda o paso”, se era o caso, pois non pode considerarse un sinal de advertencia porque non existe esa descrición no regulamento xeral de circulación. Así, o BNG solicita a restitución de xeito inmediato dese sinal, pois mentres non se repoña está quebrantada a seguranza viaria nese punto.

O BNG reclama a revisión dos sinais instalados que incumpren o regulamento de circulación