O BNG require que se amplíe a primeira rotonda do Polígono do Tambre para evitar os atascos

O BNG require que se amplíe a primeira rotonda do Polígono do Tambre para evitar os atascos

Demanda tamén mellorar a sinalización para acceder ao Polígono do Tambre e ao tanatorio de Boisaca

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2016.- O portavoz do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, presentou unha iniciativa que a formación nacionalista trasladará ao vindeiro Pleno para que departamento de Urbanismo elabore un proxecto para ampliar a primeira rotonda de acceso ao Polígono do Tambre, ademais de mellorar a sinalización en toda a zona industrial e de instalar indicadores cara ao tanatorio dende diferentes puntos da cidade.

Segundo explicou en rolda de prensa, o grupo municipal do BNG de Santiago recibiu queixas dos atascos que se producen a diario e da mala sinalización no Polígono do Tambre, por parte da veciñanza e de profesionais que traballan alí e requiren solución a estes problemas canto antes. Así, referiuse ao paso de camións que teñen que ocupar dous carrís polas deficiencias que presenta, o que adoita deixar inutilizada unha das vías e se converte nun funil de tráfico.

O polígono do Tambre á unha zona industrial que ten, entre os seus puntos débiles, os accesos, xa que se forman grandes retencións en horas punta. Nun momento en que se están a realizar obras que permitirán desdobrar a vía na ponte sobre a N-550, percíbese que o problema continuará na primeira rotonda que dá acceso ao polígono de non ampliarse.

O BNG require que se amplíe a primeira rotonda do Polígono do Tambre para evitar os atascos