O BNG require que se constitúa a Comisión de Participación, Igualdade e Transparencia que aínda non foi convocada neste mandato

O BNG require que se constitúa a Comisión de Participación, Igualdade e Transparencia que aínda non foi convocada neste mandato

Trasladará unha iniciativa ao Pleno para esixirlle ao Goberno local de CA que a poña en funcionamento, transcorridos 6 meses da súa aprobación

Santiago de Compostela, 19 de xaneiro de 2016.- O grupo municipal do BNG defenderá no Pleno unha iniciativa para constituír de urxencia a Comisión de Participación, Igualdade e Transparencia aprobada en sesión plenaria do 6 de xullo de 2015 e que aínda non se reuniu no presente mandato.

Segundo recolle o texto da proposición da formación nacionalista, a participación, a igualdade e a transparencia constitúen baluartes democráticos “que favorecen a cohesión social, o dereito a coñecer a actividade da Administración municipal, a xestión dos recursos públicos, a confianza nas institucións, a procura da equidade e o control das decisións do Goberno local, entre outros”.

Lembra o BNG que no Pleno de Organización do 6 de xullo de 2015 se creou a Comisión de Participación, Igualdade e Transparencia e que, seis meses despois, aínda non foi constituída pese a ser estes valores “de vital importancia para a permeabilidade da xestión municipal, a recuperación da normalidade democrática e o desterro da opacidade existente”.

Ademais, a proposición que se debaterá na sesión ordinaria de xaneiro convocada para mañá xoves inclúe que no Pleno de 7 de setembro de 2015 se aprobou unha moción relativa “á necesidade de instaurar a transparencia, a participación e a responsabilidade social como eixes fundamentais da xestión do Goberno municipal, con medidas concretas acordadas que, na súa maioría, aínda non se puxeron en marcha”.

O BNG require que se constitúa a Comisión de Participación, Igualdade e Transparencia que aínda non foi convocada neste mandato