O BNG de Santiago rexistra unha moción de apoio a Laura Bugallo, activista en defensa de inmigrantes

O BNG de Santiago rexistra unha moción de apoio a Laura Bugallo, activista en defensa de inmigrantes

A formación nacionalista require que a Corporación municipal inste ao arquivo da causa que se xulgará o 7 de xuño en Fontiñas

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2016.- O grupo municipal do BNG de Santiago rexistrou unha moción de apoio a Laura Bugallo, activista social en defensa dos intereses e liberdades das persoas estranxeiras e das persoas LGBT, que está inmersa nun proceso xudicial tras varias denuncias por suposta estafa, explotación e mafia de trata de inmigrantes. En concreto, a formación nacionalista require o apoio da Corporación municipal a Laura Bugallo e instar ao arquivo da causa.

A última denuncia que Laura Bugallo acompañou deu en destapar o entramado de estafa chamado ”Operación Peregrino”, na que 57 inmigrantes marroquís foron estafados na cantidade de 10.000 euros por ter residencia no Estado español. Logo de tirar á luz esta mafia ela foi retida nos calabozos da Policía Nacional española onde lle deixaran ben ás claras que a súa detención tiña moito que ver polo seu papel de dar a coñecer este entramado de inmigración.

O vindeiro 7 de xuño ás 9.30 horas xulgarán a Laura Bugallo e dende o BNG exprésase a solidariedade coa intención de que se arquive a causa.

O BNG de Santiago rexistra unha moción de apoio a Laura Bugallo, activista en defensa de inmigrantes