FACENDA

Goretti Sanmartín: “O Concello de Santiago debe axilizar o pago a provedores para evitar maiores danos económicos ás empresas”

Goretti Sanmartín
Goretti Sanmartín
O Ministerio de Facenda vén de publicar que se sitúa en 50 días en vez dos 30 que marca a norma
Goretti Sanmartín: “O Concello de Santiago debe axilizar o pago a provedores para evitar maiores danos económicos ás empresas”

Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020.- A portavoz do grupo municipal do BNG, Goretti Sanmartín, advertiu de que “a resistencia do grupo de Goberno local a empezar a negociar os Orzamentos para 2021 está vinculada ao incumprimento do período medio de pago a provedores que, segundo o último dato, se sitúa en 50 días en vez dos 30 que marca a norma”. Neste sentido, empraza o alcalde “a axilizar o pago a provedores para evitar maiores danos económicos ás empresas”.

Para o BNG, o feito de non axilizar o pagamento a provedores por parte do Concello nesta situación especial de crise derivada da pandemia da covid-19 demostra a súa insensibilidade con pequenas e medianas empresas que tardan máis do permitido en cobrar desta Administración pública. “Este atraso nos pagamentos repercute de xeito negativo na economía local”, sinalou Goretti Sanmartín.

Implica tamén que, ao superar os 30 días, Santiago deberá destinar a amortizar débeda os fondos de tesourería que non gastou, en vez de poder usalos para proxectos financeiramente sustentábeis, tan necesarios neste tempo que se precisan para facer obras públicas. En concreto, segundo os últimos datos publicados no portal do Ministerio de Facenda, referidos ao mes de agosto, o período de pago medio a provedores sitúase en 49,65 días por parte do Concello de Santiago de Compostela.

 

 

 

 

Goretti Sanmartín: “O Concello de Santiago debe axilizar o pago a provedores para evitar maiores danos económicos ás empresas”