ELECCIÓNS

Máis de 40 actividades de difusión da campaña electoral nas rúas de Santiago de Compostela

cabe
cartaz

“Construír Galiza, con ilusión, Galiza contigo” é o leiv-motiv para o 25-S

Máis de 40 actividades de difusión da campaña electoral nas rúas de Santiago de Compostela

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2016.- O BNG de Santiago de Compostela abre a campaña electoral en Carreira do Conde, coa tradicional pegada de carteis, nun acto que contará coas intervencións de Manolo Soto e de Elvira Souto, que fan parte da candidatura do BNG encabezada por Ana Pontón.

O BNG contará cunha carpa informativa coa que se achegará a diversos puntos do centro urbano e do rural compostelán, ademais de facer repartos polas rúas, comercios e centros de traballo, mitins de barrio e encontros sectoriais.

Entre os actos máis destacados figura o mitin central coa presenza da portavoz nacional Ana Pontón, previsto para o xoves 22 de setembro, así como un acto sobre sanidade o martes 13 e sobre ensino o mércores 14 de setembro. Haberá tamén mitins en San Lourenzo o venres 9, no Castiñeiriño o mércores 14, en Figueiras o martes 20 e en Fontiñas o venres 23 de setembro.

A presenza do BNG notarase tamén coas carpas de distribución de material informativo co lema “Un tempo novo” que xirarán por multitude de puntos da cidade e coa presenza dos grupos de traballo nos distintos barrios de Compostela (grupo Castiñeiriño-Sar, Vite-Vista Alegre, Fontiñas-San Pedro, San Lázaro, Basquiños-Salgueiriños, zona vella, San Lourenzo-Carmen de Abaixo e as distintas parroquias).

“Construír Galiza, con ilusión, Galiza contigo” é o leiv-motiv desta campaña electoral do BNG que pretende recuperar a forza do nacionalismo de esquerdas para abrir un tempo novo tamén en Santiago de Compostela.

Entre os eixos do programa co que concorre ás eleccións do 25 de setembro están  favorecer a volta ao país da mocidade emigrada, crear unha banca pública galega, obter plena capacidade fiscal que permita xestionar e recadar a totalidade dos impostos a través dunha Facenda galega, duplicar os fondos en I+D e xestión íntegra dos mesmos por Galiza, crear un plan de impulso industrial acompañado da tarifa eléctrica galega, pór en marcha un plan de choque para rescate e mellora dos servizos públicos, dotar un plan de emerxencia social, configurar unha estrutura da administración galega baseada nas comarcas e concellos, recuperar falantes de galego con políticas reais de normalización lingüística, facer unha Lei de Coeducación nos centros de ensino e crear o Estatuto de Vítima do Feminicidio.

Máis de 40 actividades de difusión da campaña electoral nas rúas de Santiago de Compostela