SEGURIDADE VIARIA

O BNG reclama maiores medidas de seguridade na contorna da Casa das Máquinas, por risco de desprendemento

galeras 001
Casa das Máquinas

Os valados están tirados contra o edificio na zona máis perigosa

O BNG reclama maiores medidas de seguridade na contorna da Casa das Máquinas, por risco de desprendemento

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2017.- O grupo municipal do BNG advirte do perigo que supón a incorrecta sinalización e os valados tirados na contorna da Casa das Máquinas de Galeras, polos riscos de desprendemento do inmóbel que non está debidamente acoutado.

Xusto a pé do inmóbel, na zona de máis risco, os valados atópanse amoreados contra a parede do edificio e, un pouco máis adiante, non se permite o paso á parada de autobús cando hai tres liñas de transporte público que chegan até a zona delimitada entre dous valados que pechan a beirarrúa e a zona de estacionamento.

Por estes motivos, o BNG considera que o Goberno local debe velar por manter un perímetro de seguridade na Casa das Máquinas e desviar con sinalización adecuada as persoas que camiñan pola beirarrúa e que van até a parada de autobús urbano.

O BNG reclama maiores medidas de seguridade na contorna da Casa das Máquinas, por risco de desprendemento