PLENO

Navia Rivas reclama que se elimine a maleza das beirarrúas do Polígono

maleza.poligono02
maleza.poligono02
Súmanse problemas de iluminación e unha farola que leva meses dobrada sen arranxar, segundo as queixas recibidas no BNG
Navia Rivas reclama que se elimine a maleza das beirarrúas do Polígono

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2020.- A concelleira Navia Rivas reclama que o Goberno local proceda á eliminación da maleza que invade as beirarrúas e zonas de paso do Polígono.

Isto débese a unha falta de mantemento ordinaria, pese a que son zonas moi transitadas, tanto por persoas que van facer compras ou traballar a este polígono industrial como por quen optan por facer deporte ou pasear buscando novos espazos.

Silveiras e toxos invaden as beirarrúas de Castela a Mancha, País Vasco, La Rioja ou Polonia, entre outras, nunha situación que se agrava nos últimos meses, segundo as queixas recibidas no BNG, e que ofrecen unha imaxe descoidada.

A isto súmanse problemas de iluminación e unha farola dobrada que está a piques de caer na rúa Castela León, polo que cómpre velar polo seu mantemento.

 

Navia Rivas reclama que se elimine a maleza das beirarrúas do Polígono