INFRAESTRUTURAS

O BNG cualifica como “acto de submisión” o resultado para Santiago da reunión de Feijóo en Fomento

Mantense a “cláusula abusiva e discriminatoria” de obter 3,5 millóns de pasaxeiros/as para construír a estación intermodal

O BNG cualifica como “acto de submisión” o resultado para Santiago da reunión de Feijóo en Fomento

Na axenda non se tratou a estación de mercadorías da Sionlla, a vella terminal de Lavacolla nin a humanización das obras de Conxo

Santiago de Compostela, 1 de febreiro de 2017.- O grupo municipal do BNG cualificou como “acto de submisión” o resultado da reunión do presidente da Xunta, Núñez Feijóo, co ministro de Fomento, Íñigo de la Serna, porque asumiu os atrasos da chegada da alta velocidade a Galiza a 2019 e foi incapaz de desbloquear o financiamento para a estación intermodal de Santiago de Compostela, que ten unha “cláusula abusiva e discriminatoria que non se lle impuxo a outras cidades” co límite dos 3,5 millóns de pasaxeiros e pasaxeiras en que coinciden PP e Compostela Aberta.

Para Rubén Cela, “resulta decepcionante que non figurasen na axenda de Feijóo temas de vital importancia para Santiago de Compostela” como a estación de mercadorías da Sionlla, a vella terminal de Lavacolla ou o acordo de Ana Pastor para a humanización do resultado das obras de Conxo, “pois o único acordo que conseguiu de que a AP-9 vai ter unha saída na Cidade da Cultura é, quizais, o menos importante para a veciñanza de Santiago de Compostela”.

O BNG cualifica como “acto de submisión” o resultado para Santiago da reunión de Feijóo en Fomento