MOBILIDADE

Rubén Cela cualifica de “artificial, cansiña e estéril” a polémica do Concello coa Xunta sobre a estación intermodal 

“Compostela Aberta abrazou desde o primeiro momento o proxecto do PP para a estación intermodal e iso é o preocupante”, afirma Rubén Cela

Rubén Cela cualifica de “artificial, cansiña e estéril” a polémica do Concello coa Xunta sobre a estación intermodal 

Santiago de Compostela, 31 de agosto de 2018.- Rubén Cela valorou a polémica suscitada sobre a estación intermodal entre o alcalde Martiño Noriega e a conselleira Ethel Vázquez, que cualificou de “artificial, cansiña e estéril”. “Ao BNG non lle preocupan as diverxencias puntuais e sobreactuadas que poidan existir entre o Concello e a Xunta, preocúpanos a similitude de criterio e as coincidencias que existen entre Compostela Aberta e o Partido Popular”, manifestou.

“No importante, CA e PP opinan o mesmo sobre a estación intermodal, xa que CA abrazou desde o primeiro momento o proxecto do PP co que o BNG foi tan crítico, ademais de asinar o convenio que propuxo o PP entre Xunta, Estado e Concello que nos parece unha barbaridade, porque esas fases son lesivas para Santiago, porque manteñen a cláusula de 3,5 millóns de pasaxeiros para o inicio da fase de obras da nova estación de tren e porque as condicións de cofinanciamento municipais non se lles pediron a ningún outro concello de Galiza”, destacou.

Ademais, nese sentido, Compostela Aberta asumiu un agravio comparativo evidente con outras cidades galegas, engadiu.

Rubén Cela cualifica de “artificial, cansiña e estéril” a polémica do Concello coa Xunta sobre a estación intermodal