O BNG demanda que se adecúe o sistema de regadío automatizado nos xardíns públicos para aforrar auga

O BNG demanda que se adecúe o sistema de regadío automatizado nos xardíns públicos para aforrar auga

regadio.cando.choveTrasladará un rogo ao vindeiro Pleno municipal para controlar o malgasto de auga cando chove

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2016.- O grupo municipal do BNG demándalle ao Goberno local que adecúe a programación do sistema automatizado de regadío de xardíns públicos a horarios e condicións meteorolóxicas, co obxectivo de reducir o consumo de auga e evitar o seu dispendio cando chove no verán.

Deste xeito, trasladará un rogo ao vindeiro Pleno municipal para controlar na programación as condicións meteorolóxicas do sistema automatizado de regadío dos xardíns municipais co obxectivo de contribuír ao aforro de auga e favorecer un sistema máis ecolóxico.

O BNG demanda que se adecúe o sistema de regadío automatizado nos xardíns públicos para aforrar auga